Ese municipio coruñés é un dos máis beneficiados por este tributo á explotación da enerxía eólica, comentou Rueda, que se desprazou a esta localidade para supervisar algunhas obras financiadas con cargo a estes fondos, de 8,7 millóns en 2014 nas liñas de concorrencia non competitiva e competitiva.
Nesta última, inscríbense un total de 53 proxectos para 88 municipios galegos o pasado ano, destacou Rueda.
O fondo, segundo a Xunta, financia investimentos relacionados coa mellora do contorno e a conservación do medio natural e foi instituído en 2009 mediante o canon eólico que lles permite aos concellos custear obras «que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego».
En Ortigueira eses fondos contribuíron a financiar a construción dun centro de interpretación, o illamento térmico de equipamentos municipais e a instalación dunha área recreativa e didáctica no porto. EFEverde




