Así o expuxo o colectivo nun comunicado, en que asegura que este «histórico exemplar merece ser indultado polo seu gran porte e o seu perfecto estado de conservación», aínda que precisa dunha serie de traballos de limpeza e poda cando proceder para mellorar a súa vitalidade, engade.
Ante as obras para rehabilitar este espazo que albergará a futura sede xudicial na Coruña, explica Arco Iris, «permanecen de pé, porén, dúas palmeiras e un gran magnolio que poden escapar da motoserra se un brote de clemencia, piedade e compaixón aniña nos aceirados corazóns dos concelleiros ao cargo da operación, a saber Martín e Enrique».
E aínda que a supervivencia de ambas as dúas palmeiras parece garantida -continúa a asociación- «a teor dos paneis de obra que retratan á perfección como quedará tan fastosa obra unha vez finalizada, non pode dicirse o mesmo do magnolio», para o que pide o indulto do rexedor.
Arco Iris espera que se diten as ordes oportunas para manter «este patrimonio forestal de todos os coruñeses». EFEverde




