Fotografía de arquivo de grupo de bateas, dedicadas ao cultuvo do mexillón. EFE/Lavandeira jr
EFEverde en Galego

Mar pecha cinco polígonos de mexillón na ría de Vigo

De acordo coas análises do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), trátase dos polígonos Cangas G, H, C e D e Vigo A, todos eles de cultivo do mexillón.

Hoxe, o instituto informa da situación de peche dos polígonos de viveiros flotantes da ría de Ares-Betanzos Sada 1 e Sada 2; na de Arousa, permanecen abertos 17 polígonos e cerrados oito.

Tamén está prohibida a extracción en Baiona A, Corme B, nas rías de Baiona e Corme-Laxe; e permanecen cerrados Muros A, B e C e Noia A, na ría de Muros e Noia; Cangas A e B, Bueu B, A2 e A1 e Portonovo A, B e C, na ría de Pontevedra, e, ademais dos primeiros citados, tamén están cerrados os polígonos Cangas E e F, na ría de Vigo, con Redondela A aberto e cerrados Redondela A (ostra) e B, C, D, e E.

En até 17 dos polígonos citados, o Intecmar recolle hoxe mostras, no seu estreito seguimento da evolución da presenza de toxina nas rías galegas. EFEverde

[divider]

Vota por el Día de la Red Natura 2000 para el premio ciudadanía europea

Vota Natura-2000-Day_WEBSEO_ESP_ENG-copia

Más Información:

http://ec.europa.eu/environment/nature/natura2000/awards/application-2015/award-finalists/index_en.htm

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.