En España, 16 millóns de persoas sofren este tipo de doenza que afecta un 33% da poboación e, entre os alérxicos, a metade sono a poles de plantas.
Todas as plantas se reproducen por poles, aínda que non todos dan problemas alérxicos, e as que máis síntomas producen son as gramíneas, oliveira, ciprés, salsola, plátano de sombra e parietaria.
En determinadas zonas xeográficas poden ser importantes outros poles, como a palmeira en Elxe ou o bidueiro en Galicia.
Alerxia en Galicia
A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña informou hoxe destes datos e explicou que existe unha relación directa entre as precipitacións do outono e inverno e os recontos de poles de gramíneas durante a primavera.
Iso, unido a outros factores climatolóxicos como a temperatura e a humidade, permitiu establecer o nivel de intensidade moderado desta primavera.
Para controlar a alerxia existe a inmunoterapia ou vacinación, que debe ser considerada sempre como unha ferramenta terapéutica de primeira orde no manexo dos pacientes alérxicos.
A patoloxía alérxica dificulta en moitos aspectos a vida diaria dos pacientes, asegura o Sergas, ao tempo que implica un alto custo socioeconómico. EFEverde




