O reitor da USC, Juan Viaño, e o director xeral do Ferrovial Servicios España, Ignacio Gastón Najarro, asinaron hoxe o contrato que regula esta cooperación, cuxa vixencia se estenderá ata o mes de maio de 2018.
Neste sentido, o reitor compostelán afirmou que «a investigación vai permitir definir unha nova relación» entre a cidadanía compostelá e os espazos verdes da cidade, baseada no aumento do coñecemento sobre a natureza, así como sobre a conservación do medio.
Para Ignacio Gastón este é un proxecto innovador, en que a implicación das ferramentas asociadas á I+D+i achegan unha referencia importante para o desenvolvemento económico e social de Santiago.
O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer os valores vinculados cos espazos verdes públicos da cidade, atendendo as demandas tanto de residentes como de visitantes que acoden pola propia condición de Compostela como Patrimonio da Humanidade, como por ser destino dunha das principais rutas de peregrinación do mundo.
A institución académica prestará un servizo de asistencia técnica a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) para desenvolver un programa de actividades agrupadas no Plan de Sensibilización Ambiental, incluído no servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo urbano de Compostela que a empresa de servizos ten adxudicado.
A universidade proporcionará así tanto os medios humanos como materiais necesarios para desenvolver as tarefas asociadas ao Plan de Sensibilización, baixo a coordinación do profesor Pablo Ramil Rego e da profesora Elvira López Mosquera. EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)