Asistiron a este encontro preto de cen expertos en pesca marítima recreativa, entre os cales figuran científicos de varios países, membros de distintas administracións públicas españolas e europeas, e representantes de asociacións de pescadores recreativos e profesionais, así como de consorcios empresariais relacionados coa pesca e a navegación recreativas, e membros de ONG ambientalistas.
O simposio organizouse ao redor de tres eixos: ecoloxía, xestión e socioeconomía.
Neste senso, puxéronse en común e analizado distintas iniciativas de investigación e xestión sobre pesca marítima recreativa en España e outras áreas europeas, identificáronse os retos e necesidades máis urxentes, e propuxéronse recomendacións para orientar as políticas de investigación e xestión da pesca marítima recreativa.
Así, os expertos recomendaron revisar urxentemente o actual sistema de licenzas para que poida ser utilizado de modo efectivo como plataforma de obtención de información destinada a mellorar a xestión da actividade.
[box type=»shadow» ]Esta cita de alcance mundial contribuíu a fomentar a comunicación e o intercambio de experiencias entre pescadores, científicos e administracións, e como resultado deste diálogo, os asistentes desenvolveron un Código de Boas Prácticas para a Pesca Marítima Recreativa en España.[/box]
Este código, que será divulgado nos vindeiros meses, contén recomendacións para que os pescadores desenvolvan unha pesca responsable co medio e co resto dos usuarios dos ecosistemas mariños.
Simposio Internacional sobre Pesca Marítima Recreativa
O ISMAREF 2018 foi organizado no marco do Proxecto SICORE, unha iniciativa impulsada por un consorcio liderado pola Universidade de Santiago de Compostela, e financiado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Os socios do proxecto son a Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo (organización), o Centro Tecnolóxico AZTI- Tecnalia, o CSIC, a través do o CEAB-CSIC; e o CSIC-IMEDEA, a Universidade de Xirona e a Universidade de Murcia.
Ademáis, colaboran no Proxecto a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, o International Forum for Sustainable Underwater Activities, a Asociación Nacional de Empresas Náuticas, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas e WWF España. EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)