Fotografía de arquivo do segundo satélite feito en Galicia (Humsat-D). EFE/Salvador Sas
EFEverde en Galego

A Universidade de Vigo traballa no desenvolvemento dun satélite no Brasil

O coordinador do grupo, Fernando Aguado, explicou que esta primeira experiencia de colaboración internacional supón «un novo reto» para os integrantes da Agrupación Aeroespacial, ao tempo que incidiu na importancia de «apostar pola internacionalización do sector».

A participación da Universidade de Vigo neste primeiro satélite de SERPENS, un Cubesat 3U dividido en dous sectores, centrouse en incluír unha «carga que é a evolución da que foi lanzada no Humsat-D e que inclúe melloras baseadas nos datos en órbita do satélite», detalla Aguado.

Precisou ademais que a participación da institución académica viguesa ten a súa orixe nas relacións coa profesora da Universidade d e Brasilia, Chantal Cappelleti.

Esta profesora foi membro do grupo que coordinou o lanzamento do Humsat-D e mantén co grupo de Aguado unha «intensa colaboración«, informa a universidade viguesa.

«Cando ela chegou a Brasil propuxo a nosa incorporación ao consorcio de SERPENS», relata Aguado, que explica que o traballo comezou a finais de 2013 unha vez que a misión quedou definida e empezaron as tarefas de desenvolvemento en paralelo coa operación do Humsat-D, que este venres cumpre o seu primeiro ano en órbita.

Este primeiro satélite do programa da AEB será lanzando previsiblemente durante a segunda metade de 2015 e nel traballa un consorcio internacional formado por varias universidades de Europa, Brasil e Estados Unidos. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.