Biomasa forestal. EFE/Alfonso Castillo
EFEverde en Galego

A Xunta anima a alcanzar o liderado europeo en biomasa forestal

Durante unha visita ás instalacións da empresa fabricante de caldeiras Ecoforest, en Gondomar, Conde recalcou que a Xunta está impulsando a demanda de equipos de biomasa cunha liña de apoios que permitiu en 2014 a implantación de máis de 600 novas caldeiras, 161 na provincia de Pontevedra.

Unha iniciativa que procura facilitar o desenvolvemento da Estratexia de Impulso da Biomasa Forestal, que atende a toda a cadea de valor: desde a transformación, produción e distribución do biocombustible até a construción, montaxe e instalación de caldeiras.

Outra parte do éxito do plan residirá na «capacidade» do tecido empresarial galego, con empresas como Ecoforest que, recalcou Conde, «reflicten o potencial» da Comunidade para desenvolver unha industria que conta cun amplo mercado internacional.

Ecoforest, con presenza en 35 países e con 25 anos de experiencia, dispón de varias patentes e conta cun centro de investigación que lle permite desenvolver a súa propia tecnoloxía e validar os produtos en condicións reais.

Dispón ademais do seu propio control electrónico de combustión co que fabrica equipos máis eficientes. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.