EFE/Roberto Escobar
EFEverde en Galego

Xunta destinará 314.500 euros ao plan da Reserva da Biosfera do Xurés

Así o adiantou hoxe a conselleira de Medio Natural, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante a inauguración dun centro BTT en Muíños, onde lembrou que a aprobación do plan realizarase en comisión de dirección transfronteiriza, «no marco dun traballo coordinado entre Galicia e Portugal para a conservación e recuperación do espazo desta reserva».

O plan de acción, ata o ano 2020, recolle, segundo explicou Vázquez, un investimento global «de 2,6 millóns de euros e porase en marcha de forma inmediata cunha partida orzamentaria que neste 2015 chegará aos 314.500 euros».

Catro eixes de actuación

Estará dividido en «catro eixes prioritarios de actuación», a imaxe e identidade da Reserva da Biosfera; desenvolvemento socioeconómico; conservación da natureza e participación social, e integración da comunidade e dos actores que interveñen, detallou Vázquez, quen insistiu en que o plan «servirá de guía para o desenvolvemento deste espazo natural».

Para iso, a Xunta pretende «implicar a poboación afectada nas medidas de protección e conservación, facendo que estas sexan compatibles co desenvolvemento socioeconómico dos concellos implicados».

Na súa visita, a titular de Medio Natural resaltou ademais «a importancia de preservar os espazos naturais, pero tamén a necesidade de facer compatible a súa protección co desenvolvemento de actividades que xeren emprego e riqueza».

Para iso, resaltou o compromiso do Goberno galego para a «consecución dunha Galicia máis verde».

Ademais, avanzou que neste primeiro semestre de 2015 . EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.