castañas
Fotografía de arquivo dunhas castañas. EFE
Efeverde en Galego

A colleita de castaña en Galicia acumula 15 días de atraso na maduración

«Leva uns quince días de atraso», precisou Quintá a EFE, quen en todo caso confirmou que «xa empezaron a caer as primeiras, fundamentalmente de variedades temperás ou híbridos, e en zonas baixas, zonas de ribeira».

Naquelas zonas nas que xa se iniciou a recolección, a cantidade de froito é «normal», pero «a calidade é bastante boa«, aínda que «de momento o tamaño é bastante pequeno».

«As choivas dos últimos días benefician moito á colleita tardía. Nas árbores hai bastante floración, polo que hai froito«, sostivo o presidente de Castaña de Galicia, quen confía en que o tempo siga «axudando» aos produtores para que as castañas «sexan mellores» ao final de campaña.

Segundo Quintá, «as colleitas tardías adoitan ser mellores», pero tamén lembrou que para manter o estado sanitario do froito e evitar a proliferación de enfermidades ou «bichos» que se comen a castaña desde dentro é necesario «que faga frío». Efeverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.