Fotografía de arquivo dun barco pesqueiro. EFE/Paco Torrente
EFEverde en Galego

O Goberno fixa as cotas pesqueiras dispoñibles para buques do Atlántico

Trátase dunha resolución da Secretaría Xeral de Pesca que afecta a especies do plan de xestión para os buques do Cantábrico e do noroeste, aínda que tamén inclúe entre as modalidades de barcos aos do Golfo de Cádiz.

Refírese a embarcacións censadas en artes como o arrastre de fondo, cerco, volante, rasco, palangre de fondo, pico cana, arrastre e outros aparellos de buques que faenan no Atlántico.

Concerne ás seguintes especies: pescada, caballa (verdel ou xarda), xurelo (chicharro), bacaladilla, galo, rape, lagostino e boquerón.

A normativa publicada hoxe sucede ao plan de xestión do Cantábrico e noroeste publicado o pasado outono noutra regulación.

Mañá, en Madrid, representantes da Secretaría Xeral de Pesca e da frota do Atlántico reuniránse para facer balance das cotas de 2015 e examinar as de 2016. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.