Na imaxe a autovia A-6 ao seu paso por Baralla (Lugo). EFE/Eliseo Trigo
EFEverde en Galego

A neve deixa sen clase 1.797 alumnos das provincias de Lugo e Ourense

En Ourense resultaron afectados un total de 39 centros e 1.319 alumnos, mentres que en Lugo foron 18 os colexios que non puideron dar clase con normalidade e 478 os nenos que non acudiron ás aulas.

Na primeira, os problemas concentráronse na zona sur da provincia, con 22 colexios afectados e 734 alumnos, e en municipios de montaña, con 12 centros e 521 alumnos.

En Lugo, pola súa parte, os problemas concentráronse case exclusivamente na comarca da Montaña, cun total de 15 centros afectados e 400 alumnos que non puideron asistir ás súas clases.

Na zona centro da provincia tamén houbo algunhas incidencias, concretamente en dous colexios, polas que se viron afectados 74 alumnos.

En Pontevedra rexistráronse incidencias puntuais en Rodeiro e Lalín. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.