A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) informou da comunicación recibida neste sentido pola presidenta da Comisión, Cecilia Wikström.
Os ecoloxistas lembran nun comunicado que, tras o rexeitamento do PP a debater no Parlamento de Galicia unha iniciativa popular contra a incineración, «a práctica totalidade do ecoloxismo galego» acudiu a Europa para denunciar a política da Xunta a través da Sogama.
Na súa comunicación aos promotores da iniciativa, a presidenta da Comisión apunta que, ademais, deu traslado da petición á Comisión Europea, para que abra unha investigación sobre a situación do tratamento de residuos en Galicia.
Para Adega, «a incineración e a vertedura que practica Sogama, coa beizón da Xunta e do seu plan de residuos, ademais de incumprir tres directivas europeas (de vertedura, de envases e marco de residuos), coloca Galicia nos últimos postos na reciclaxe en Europa e está supondo unha enorme lousa económica para moitos municipios». EFEverde




