O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a licitación da contratación dos servizos para a redacción do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2015-2020.
Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, que se financia co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco operativo Feder Galicia 2007-2013.
A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece un prazo de execución de dez meses e a licitación conta cun orzamento de 119.228 euros.
A Consellería explica nun comunicado que a redacción do Plan de Residuos Industriais partirá da análise da situación actual, incorporando os cambios normativos que se producisen desde a aprobación do anterior en 2000, especialmente coa transposición da Directiva marco de residuos.
Alén diso, informa de que se deberá recoller a importancia outorgada ao principio de responsabilidade ampliada do produtor e seren tidos en conta os cambios experimentados no tecido industrial e especialmente na xestión de residuos industriais en Galicia. EFEverde