EFEverde en Galego

Efeverde en Galego. Noticias ambientais de Galicia en Galego

EFEverde en Galego
EFEverde.- A Consellería de Medio Ambiente destinará 330.000 euros á eliminación dun vertedoiro incontrolado no parque natural das Fragas do Eume, que ocupa unha superficie de 4.000 metros cadrados nunha zona de especial protección. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O Concello de Lugo sumarase á campaña 'A Hora do Planeta', organizada por WWF, e apagará a iluminación ornamental da muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade, o vindeiro 28 de marzo entre as 20:30 e as 21:30 horas. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O equipo do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) investiga o achado de dez trampas de caza localizadas no interior do Parque Natural Baixa Limia Xurés-Gerês, "colocados estratexicamente en carreiros" da zona. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O doutor en Enxeñaría Industrial e catedrático na Universidade de Vigo Manuel Pérez Donsión asegurou hoxe que as enerxías renovables teñen "moito potencial" en Galicia, aínda que considerou que "se require un apoio máis forte por parte de organismos como a Xunta" para impulsalas. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- Os incendios forestais nas parroquias de Padróns e Ribadetea, no municipio pontevedrés de Ponteareas, están controlados desde a pasada medianoite, informaron fontes da Consellería do Medio Rural. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- As persoas con doenzas alérxicas ao pole, que se aproximan aos oito millóns en España, afrontarán este ano unha primavera de intensidade moderada no norte da cornixa cantábrica. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- A organización ecoloxista Adega informou de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de ditar unha sentenza en que "condena a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) a actuar contra varias agresións denunciadas" por este colectivo que afectaron o tramo alto do río Rato, en Lugo capital. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- A asociación animalista "Libera" entregou hoxe no rexistro municipal de María Pita máis de 17.000 sinaturas en contra da "ameaza xudicial" da empresa concesionaria da canceira a dez cidadáns, que mañá asistirán a un acto de conciliación previsto nos xulgados da cidade. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- As actividades de recheo levadas a cabo na canteira das Pereiriñas, Salceda de Caselas, supoñen un risco sanitario para os veciños da zona debido a unha posible contaminación dos acuíferos e traídas que utilizan para o seu abastecemento. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- A asociación ecoloxista Arco Iris solicitou hoxe á Xunta de Galicia que impulse unha lei sobre arboredo urbano, similar á existente na Comunidade de Madrid, para pór "fin aos desmandos" que se realizan en diversas zonas relacionadas coa corta de árbores. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha pregunta parlamentaria para demandar ao Ministerio de Agricultura que aumente as cotas de pesca de xurelo e xarda destinadas ao cerco galego, de forma que poidan manter a súa actividade "con plenas garantías". ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, afirmou en Santiago de Compostela que o seu departamento revisará a recente sentenza que anulou o plan de xestión do Cantábrico. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- A Asociación Galega de Apicultura AGA inicia a campaña "Stop Vespa Velutina" que se desenvolverá ao longo da primavera. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) está realizando un investimento de 367.524 euros para construír o chamado Camiño Natural de San Rosendo, unha ruta de 32,4 quilómetros que percorre os municipios de Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, 34 espazos para a plantación de 17.225 árbores na cidade. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse hoxe a buscar o orzamento necesario para levar a cabo o proxecto de crear bosques nas sete cidades se os alcaldes ceden as parcelas para facelo. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario (Neiker-Tecnalia), sociedade dependente do Goberno Vasco, alertou hoxe da aparición de variantes "máis virulentas e agresivas" do fungo causante do mildio, unha doenza da pataca, en cultivos de Araba, Ourense e Tenerife. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O litoral galego acapara as maiores partidas en protección e rexeneración costeira, con máis de medio millón de euros, na estratexia de adaptación ao cambio climático dotada con preto de 10 millóns de euros, presentada pola ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Natural, Isabel García Tejerina. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Ambiente destinou 4,2 millóns de euros para axudas tripulantes de barcos que pararon a súa actividade en 2014 pola veda da sardiña no Atlántico. ...
EFEverde en Galego
EFEverde.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou hoxe que o Bosque de Galicia, situado na ladeira do Monte Gaiás e que estará formado por árbores autóctonas, será a "alfombra verde" da capital galega. ...